O caciquismo: un parásito da Galiza

Este artículo está escrito en gallego RAG y traducido mas abajo al castellano. Lo he escrito en gallego, principalmente porque es un tema que tiene mucho que ver con Galicia por desgracia. Un saludo y espero que les guste.

Este artículo está escrito en galego RAG e traducido mais abaixo ao castelán. Escribino en galego, principalmente porque é un tema que ten moito que ver con Galiza por desgraza. Un saúdo e espero lles guste.


Versión en galego (RAG):

O caciquismo é o maior mal que sofre Galiza, non sei como será noutras partes de España pero estou seguro de que non e tan grave como o que pasa por estes lares... É un mal que vimos sufrindo dende fai séculos... persoas mortas que van votar, vellos seniles os que levan a votar en autobuses do alcalde pagados por diñeiro público, e como non, os típicos favores feitos polo alcalde de turno pra facerse co voto dos seus veciños... (asfaltar terrenos privados, mover os fíos pra que obteñas un posto de traballo) todo pra conseguir o teu voto. E neste ultimo tipo de caciquismo no que me vou centrar.

Pois ben, está tan incrustado na nosa sociedade, que incluso persoas que se declaran de esquerdas cren que estes "favores" son tal...

Falando con esas persoas, teñenme dado argumentos coma estes:

-"Se a min un amigo da familia me enchufa nun traballo, eu agradecereillo. E se é político, o voto é unha boa forma"
Vaia... tamén pode facer ese favor alguén que non pida o teu voto... nese caso, sempre hai formas de agradecer un favor... A amizade ten moito que ver con dar e recibir... "Hoxe por ti, mañan por min" sóese dicir... Xa lle invitarás a unas cañas e buscarás a mellor forma de agradecerlle-lo favor se non agora, no futuro. Non ten que ser diferente por ser un político. ¿Ou acaso por ser político xa vale mais ca calquer outro?

-"Se este amigo é político, non pretenderás que o invite a unhas cañas ou uns cubatas ¿non? Non estamos a falar dun amigo calquera, ¿que teño eu que poida compensa-lo favor dun alcalde? Doulle o meu voto que é a mellor forma de agradecerllo, porque, ¿que é un voto ó lado dun traballo que che gusta co que poidas gaña-la vida?"
Deixenme dicirlles que o voto non é intercambiábel por nada. Nesta cutre democracia de postal, o voto é a nosa única porción de poder pra cambia-lo mundo. Queixamonos dos nosos salarios baixos, dos nosos traballos con malas condicións, etc... e o voto é o único que temos pra cambiar iso.
Un amigo ou coñecido pódeche facer un favor pero, se é o alcalde, non está ahí por se-lo teu amigo, senón pra facer unha función, e o seu salario, moito maior ca o noso, é diñeiro público, de todos, dado polo estado, pra revertir na sociedade e prosperar. É o diñeiro de todos, non só dos seus votantes.
Ademais, duda da amizade dese "amigo" porque, se un alcalde che da un traballo, non é pra facerche un favor, é pra asegurarse o teu voto. Eses favores faraos a outros tantos "amigos" (é dicir, votantes). Grazas a eses favores feitos a contadas persoas, e o das suas familias como "agradecemento", e o de tantos enganados e iñorantes... xa ten a alcaldía asegurada, grazas aos seus lacaios, que están fieis nos seus postos pra votarlle e permitirlle seguir chupando do diñeiro de todos. Que teñan poder, non significa que sexan mais cos demais, se non tes nada mais pra agradecerllo, e que cecais, teña tanto, que a tua miseria non lle interesa... Só busca o único que tes e que ten moito mais valor ca calquera favor. É a nosa voz na sociedade e polo tanto en todo o mundo.

-"O meu amigo non é tan malo como o pintas, de feito é case a mellor alternativa no pobo, todolos demais, son iguais ou peores."
É outro argumento moi utilizado... ¿e a qué creen que se debe ese feito? ¿non será precisamente por esa pouca cultura política que hai? ¿polo feito de que minusvaloramos o voto? ¿non será porque os que acaban gobernando son sempre os mesmos grazas a que lles da-lo teu voto a cambio de favores? Non se presente xente con boas intencións, porque non conseguen nada, precisamente porque non os apoiamos, no canto deso, damos a noso único cacho de poder, o voto, a aqueles que utilizan tácticas rastreiras que non miran polo ben público, por mellora-las condicions de todos...

-"Vale, entendo que o voto ten un obxetivo pero... ti só, non vas a facer nada, o teu simple voto, só é un entre tantos. Un voto mais un voto menos non vai cambiar nada"
Este xa é o argumento mais típico. "¿Un neno mais que morre de fame no mundo? ¡Que maís da, morren 10 cada segundo nesas condicions!". É o mesmo tipo de actitude repugnante. Non é o mesmo unha vida mais ou unha vida menos... se donando un pouco diñeiro ou de roupa usada a unha ONG, axudas a alimentar a un neno unha vez ou lles das algo que o abrigue, ou impides que morra de fame ou enferme un único neno... o teu esforzo non cae en saco roto. Aínda que nos fixeran crer que non temos poder pra cambiar esas cousas, ou que nos fixeran crer que as cousas son como son e que non podemos facer nada pra cambialas, iso non é verdade. É imposíbel que o cambio sexa absoluto, da noite pra mañan, todos somos persoas simples é minúsculas no mundo, pero que forman parte dunha sociedade. Se valoras as tuas posibilidades, ten en conta que outros moitos o farán de igual maneira noutras partes do mundo (simple estadística). Estarás sendo parte dunha sociedade do cambio... Se todos os que non valoran o seu voto, chegasen a valoralo na súa xusta medida e fixesen un exercicio san del, a cousa cambiaría... Incluso, ter un voto mais, e unha porción mais de moral pra aqueles candidatosque teñen boas intencións. Cecais esa porción mais de moral impedirá que as suas ideas decaian e non sexa atrapado polo derrotismo e polo caciquismo como método de "facer política".Hai tantas cousas que se poden facer co teu voto... Ti si que tes poder, so tes que valoralo.

-"Déixate de idealismos e política, que aquí temos que vivir no presente, non nunha utopía, e temos que ter un prato de comida na mesa todolos días"
Non son idealismos nin nada imposíbel. O presente do que falas, non é outro que o feito de que vives na miseria, porque quenes ostentan o poder, alcaldes, políticos e demáis, xogan contigo e co que xa che pertencia, un traballo, un soldo digno, unha vivenda, a comida de todolos días, é o mínimo que deberías ter, non so ti, senón todolos cidadáns, e eles vanche dando as migallas pra te ter contento, como o que vai subido a un burro e lle pon a cenoria diante dos ollos ao burro pra que ande... Cando o burro se canse, dalle un cachiño pra mantelo contento e volta a empezar... Acórdate, o que produces no teu traballo, tense que revertir en ti, o que produces perténce aos currantes... se o teu soldo é unha merda, é porque os de arriba estanse a quedar co que produces, enriquecéndose á tua costa, eres a base da xerarquía... Un alcalde, só e unha parte mais desa xerarquía, e o seu soldo, ven do que ti produces... O que din que che regalan, non é mais que devolverche unha mísera parte do que tiñas que ter como obreiro desta sociedade.

-"Vale, pero se non tes traballo, se morres de fame, ¿como vas poder loitar polo que cres? ¿podes loitar polas tuas ideas nesa situación?"
Vale, cederei nisto un pouco e direi, é posíbel que teñas que aceptar o "favor" pra poder subsistir... De feito, penso que se non tes poder nesta sociedade tampouco conseguirás nada... a veces infrinxi-la lei, en certas ocasións, é a única forma de loitar polo que cres... Pero esto debe se-la última opción, e sempre tratando de evitalo, sobretodo se vas a perxudicar a outros coma ti. Debe facerse sempre dominando a situación, cun plan, poder explica-la razón polo que fas, a ti mesmo e a quenes estén na tua situación... Pero, o que non podes cambiar, son as túas ideias... se és consciente da situación, de como está o mundo, podes aceptar ese favor, pero, non sexas a ovella mansa que esperan que sexas e lle des o teu voto a esa persoa como cambio polo favor... O voto é algo persoal, non lle pertence a ninguén, non o podes intercambiar por nada, pois este, vale moitísimo mais que a miseria que che pretenden dar a cambio... Que non che den gato por lebre, non sexas o iñorante que ten unha parcela ben situada e que a intercambia por unha miseria por non coñecer... Non sexas o indíxena que acepta espellos a cambio de ouro... Sé consciente da situación, se o teu "amigo" non acepta agradecementos como as demais persoas, cecais é porque non lle interesa nada de ti, salvo o teu "ouro", o teu tesouro, o único que tes pra cambia-lo mundo. Non llo des.


Hai mais argumentos pero por hoxe creo que basta. Só espero que con isto puidese abrir algunhas mentes e descubrirlles o que valen. Porque viviendo todos neste mundo, a maioría con traballos basura e soldos mediocres, ¿é de esquerdas da-la puñalada a outra xente coma ti, que se matou a estudiar, que ten unha experiencia boa, pero que non vota ao teu "amigo" o alcalde? xa que a situación está fodida, non contribuias a que siga así, non regales o teu voto así. Tes que colaborar co cambio, ofrece-lo teu voto pra que algo cambie pra todos, pra que todolos traballadores teñan unhas condicións dignas, non só polo teu ben persoal e único, porque o unico que fas nese caso, con ese voto, é desprezar a aqueles que loitaron e derramaron o seu sangue e suor durante todala historia, pra que hoxe ti teñas o que tes, una democracia con boas posibilidades, un dereito ao voto, posibilidade de cambia-las cousas... pero que non serven pra nada se non as utilizamos como deberíamos, se simplemente regalamos o noso único poder. Non colabores cunha postura claramente dereitista, ilegal e antetodo mais propia de tempos pasados (fai séculos e séculos).

Valora o teu poder e busca o beneficio de todos, que é o que finalmente nos dará mas beneficio...



Versión en castellano:

El caciquismo es el mayor mal que sufre Galicia, no se como será en otras partes de España pero me consta que no es nada comparado con lo que pasa por estos lares... Es un mal que venimos sufriendo desde hace siglos... personas muertas que van a votar, ancianos seniles que los llevan a votar en autobuses del alcalde pagados por dinero público, y como no, los típicos favores hechos por el alcalde de turno para asegurarse el voto de sus vecinos... (asfaltar un terreno privado, mover los hilos para que obtengas un trabajo) todo para conseguir tu voto. Es en este ultimo tipo de caciquismo que yo me voy a centrar.

Pues bien, está tan incrustado en nuestra sociedad, que incluso personas que se declaran de izquierdas creen que estos "favores" son tal...

Teniendo conversaciones con esas personas, me tienen dado argumentos como:

-"Si a mi un amigo de la familia me enchufa en un trabajo, yo se lo agradeceré. Y si es político, el voto es una buena forma"
Vaya... tambien puede hacerte un favor alguien que no pida el voto... en ese caso, siempre hay formas de agradecer un favor... La amistad tiene mucho que ver con dar y recibir... "Hoy por ti, mañana por mi" se suele decir... Ya le invitarás a unas cañas y buscarás la mejor forma de agradecerle el favor si no es posible ahora, en el futuro. No tiene que ser diferente por ser un político. ¿O acaso por ser político ya vale mas que cualquier otro?

-"Si este amigo es político, no pretenderás que le invite a unas cañas o unos cubatas ¿no? No estamos hablando de un amigo cualquiera, ¿que tengo yo que pueda compensar el favor de un alcalde? Le doy mi voto que es la mejor forma de agradecerselo, porque, ¿que es un voto al lado de un trabajo que te gusta para ganarse la vida?"
Déjenme decirles que el voto no es intercambiable por nada. En esta cutre democracia de postal, el voto es nuestra única porción de poder para cambiar el mundo. Nos quejamos de nuestros salarios bajos, de nuestros trabajos con malas condiciones, etc... y nuestro voto es lo único que tenemos para cambiar eso.
Un amigo o un conocido puede hacerte un favor pero, si es el alcalde, no está ahí por ser tu amigo, está ahí para hacer una función, y su salario, mucho mayor que el nuestro, es dinero público, de todos, dado por el estado, para revertir en la sociedad y prosperar. El el dinero de todos, no solo de los votantes.
Ademas, duda de la amistad de ese "amigo" porque, si un alcalde te da un trabajo, no es para hacerte un favor, es para asegurarse tu voto. Esos favores se los hará a otros tantos "amigos" (es decir, votantes). Gracias a esos favores hechos a personas contadas, y el de sus familias como agradecimiento, y el de tantos engañados e ignorantes... ya tiene la alcaldía asegurada, gracias a sus lacayos que están fieles en sus puestos para votarle y permitirle seguir chupando del dinero de todos. Que tengan poder, no significa que sean mas que los demás, si no tienes nada mas para agradecerselo, es que quizás, tenga tanto, que tu miseria no le interesa... Solo busca lo único que tienes y que tiene mucho mas valor que cualquier favor, es nuestra voz en la sociedad y por lo tanto en todo el mundo.

-"Mi amigo no es tan malo como lo pintas, de hecho es casi la mejor alternativa en el pueblo, todos los demás, son iguales o peores."
Es otro argumento muy utilizado... ¿y a qué creen que se debe ese hecho? ¿no será precisamente por esta poca cultura política que hay? ¿por el hecho de que minusvaloramos el voto? ¿no será porque los que acaban gobernando son siempre los mismos gracias a que les das tu voto a cambio de favores? No se presenta gente con intenciones buenas, porque no consiguen nada, precisamente porque no apoyamos a esa gente, en vez de eso, damos nuestra única porción de poder, el voto, a aquellos que utilizan tácticas rastreras que no miran por el bien público, por mejorar las condiciones de todos...

-"Vale, entiendo lo de que el voto tiene un objetivo pero... tu solo, no vas a hacer nada, tu simple voto, solo es uno entre tantos. Un voto mas un voto menos no va a cambiar nada"
Este ya es el argumento mas típico. "¿Un niño mas muerto de hambre en el mundo? ¡Que mas da, mueren 10 en cada segundo en esas condiciones!". Es el mismo tipo de actitud repugnante. No da mas una vida mas o una vida menos... si donando un poco de dinero o de ropa usada a una ONG, ayudas a alimentar a un niño una vez o les des algo que lo abrigue, o impides que se muera o enferme un solo niño... tu esfuerzo no cae en saco roto. Aunque nos hayan hecho creer que no tengamos poder para cambiar esas cosas, o que nos hayan hecho creer que las cosas son como son y que no podremos hacer nada para cambiarlas, eso no es verdad. Es imposible que el cambio sea absoluto, de la noche para la mañana, todos somos personas simples y minúsculas en el mundo, pero que forman parte de una sociedad. Si valoras tus posibilidades, ten en cuenta que otros muchos lo harán como tu, en otras partes del mundo (simple estadística). Estarás siendo parte de una sociedad del cambio... Si todos los que no valoran su voto, llegasen a valorarlo en su justa medida e hiciesen un ejercicio sano de el, la cosa podría cambiar... Incluso, tener un voto mas, es una porción mas de moral para aquellos candidatos que tienen buenas intenciones. Quizás esa porción mas de moral impidirá que sus ideas se decaigan y no sea atrapado por el derrotismo y por el caciquismo como método de "hacer política". Hay tantas cosas que puede hacer tu voto... Tu sí que tienes poder, solo tienes que valorarlo.

-"Déjate de idealismos y política, que aquí hay que vivir en el presente, no en una utopía, y tienes que tener un plato de comida en la mesa todos los días"
No son idealismos ni nada imposible. El presente del que tu hablas, no es otro que el hecho de que vives en la miseria, porque quienes ostentan el poder, alcaldes, políticos y demás, juegan contigo y con lo que ya te pertenecía, un trabajo, un sueldo digno, una vivienda, la comida de todos los días, es lo mínimo que deberías tener, no solo tu, sinó todos los ciudadanos, y ellos te van dando migajas para tenerte contento, como el que va subido en un burro y le pone la zanahoria delante de los ojos para que el burro ande... Cuando el burro se canse, le da un trozo para mantenerlo contento y vuelta a empezar... Acuerdate, lo que produces en tu trabajo, tiene que revertirse en ti, lo que produces pertenece a los trabajadores... si tu sueldo es una mierda, es porque los de arriba están quedandose con lo que tu produces, enriqueciendose a tu costa, eres la base de una jerarquía... El alcalde, solo es una parte mas de esa jerarquía, y su sueldo, viene de lo que tu produces... Lo que dicen regalarte, no es mas que devolverte una mísera parte de lo que tendrías que tener como obrero de esta sociedad.

-"Vale, pero si no tienes un trabajo, si te mueres de hambre, ¿como vas a poder luchar por lo que crees? ¿puedes luchar por tus ideas en esa situación?"
Vale, cederé en esto un poco y diré, es posible que tengas que aceptar el "favor" para poder subsistir... De hecho, pienso que si no tienes poder, en esta sociedad tampoco conseguirás nada... a veces infringir la ley, en ciertas cuestiones, es la única forma de luchar por lo que crees... Pero esto debe ser la última opción, y siempre tratando de evitarlo, sobretodo si vas a perjudicar a otros como tu. Debe hacerse siempre dominando la situación, con un plan, poder explicar la razón por lo que lo haces a ti mismo y a quienes estén en tu situación... Pero, lo que no pueden cambiar, son tus ideas... si eres consciente de tu situación, de como está el mundo, puedes aceptar ese favor, pero, no seas el corderito que esperan que seas y des tu voto a esa persona a cambio del favor... El voto es algo tuyo, no pertenece a nadie, no puedes intercambiarlo por nada, pues este, vale muchisimo mas que la miseria que pretenden darte a cambio... Que no te den gato por libre, no seas el ignorante que tiene una parcela bien situada y que lo intercambia por una miseria por no conocer... No seas el indígena que acepta espejos a cambio de oro... Sé consciente de tu situación, si tu "amigo" no acepta agradecimientos como las demás personas, quizás es porque no le interesa de ti nada, excepto tu "oro", tu tesoro, lo único que tienes para cambiar el mundo. No se lo dés.


Hay mas argumentos pero por hoy creo que ya basta. Solo espero que con esto haya podido abrir algunas mentes y descubrirles lo que valen. Y es que viviendo todos en este mundo, la mayoría con trabajos basura y sueldos mediocres, ¿es de izquierdas dar la puñalada a otra gente como tu, que se ha matado estudiando, que tiene una experiencia buena, pero que no vota a tu "amigo" el alcalde? ya que la situación está jodida, no contribuyas a que siga así, no regales tu voto así. Tienes que colaborar con el cambio, ofrecer tu voto para que algo cambie para todos, para que todos los trabajadores tengan unas condiciones dignas, no solo tu bien personal y único, porque lo unico que haces en ese caso, con ese voto, es despreciar a aquellos que lucharon y derramaron su sangre y sudor durante toda la historia, para que tu hoy tenas lo que tienes, una democracia con buenas posibilidades, un derecho al voto, posibilidad de cambiar las cosas... pero que no no sirven de nada si no las utilizamos como debiéramos, si regalamos nuestro único poder. No colabores con una postura claramente derechista, ilegal y antetodo mas propia de tiempos pasados (hace siglos y siglos).

Valora tu poder y busca el beneficio de todos, que es lo que finalmente nos dará mas beneficio...

Comentarios

Entradas populares de este blog

Como evitar los malos viajes

Un cero a la gestión de Menéame

Democracia directa encubierta